Hoxe é Venres 23 de Outubro de 2020

“Zeitgeist Addendum” de Peter Joseph no Multiusos

RR_Noticias

Cine documental no que se analiza o Sistema de Reserva Federal dos EEUU e a CIA

O multiusos da Xunqueira acolle esta tarde ás 20:30 horas a proxección da película Zeitgeist Addendum, do director Peter Joseph. Neste caso unha crítica ao Sistema de Reserva Federal nos Estados Unidos, como entidade emisora de moeda, e á CIA como axencia de intelixencia ao servizo do goberno. Unha actividade organizada pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade quen o pasado xoves proxectara a película Sicko do polémico director norteamericano Michael Moore na que se abordaba a situación do sistema sanitario nos EEUU. Nesta ocasión Peter Joseph intenta localizar a raíz dos motivos da corrupción ofrecéndonos ademais unha solución lonxe da política. A entrada é de balde.

Sandra Alonso
A técnica do CIM fálanos do argumento do documental

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *