Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Clarinete e saxo, os instrumentos preferidos polos alumnos do Conservatorio

RR_Noticias

O centro de estudos de música ten aberto ata o 15 de xullo o prazo de matrícula para o vindeiro curso no que se superarán os 300 alumnos

 O pasado ano foron 174 os alumnos do Conservatorio municipal Víctor Ureña que cursaron estudos regrados aos que hai que engadir os 136 alumnos que optaron pola Escola de Música. Dous xeitos diferentes pero igualmente válidos para todos aqueles que desexen aprender a tocar un instrumento como o piano, o violín, a percusión ou os que máis de moda están na actualidade entre as demandas do alumnado: o clarinete, o saxo e a trompa. En total 14 instrumentos diferentes nos que os interesados poden formalizar a súa matrícula en horario de 10:00 a 13:00 horas no conservatorio. A directora do conservatorio, Elisa Arias destaca que o centro ten reducido notablemente o número de abandonos grazas sobre todo á introducción do curso preparatorio, que permite aos rapaces durante todo un curso coñecer diferentes instrumentos “acabouse así cunha práctica habitual que levaba aos pais a elixir o instrumento que estudaban os seus fillos”.

Elisa Arias directora do conservatorio
Os intrumentos de vento son os máis demandados polo alumnado
Elisa Arias
O curso preparatorio favoreceu a diminución dos abandonos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará