Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Escoitase en Santiago o berro contra a ampliación da autoestrada AP-9

RR_Noticias

Os veciños de Chapela solicita unha xuntanza co presidente da Xunta, Núñez Feijoo a quen acusan de manter unha “posición ambigua” ante o proxecto e demandan o dimisión do alcalde por non sentarse coa Comisión de afectados.

Veciños de Chapela desprazáronse na mañá de hoxe a Santiago de Compostela para trasladarlle ao goberno da Xunta o súe rexeitamento á ampliación a autoestrada AP-9. Unha vez na capital galega protagonizaron unha sonora protesta ante o edificio administrativo da Xunta en San Caetano, onde presentaron por rexistro unha xuntanza co presidente do goberno. A comisión de afectados, a través do seu presidente Francisco Puch, entende que neste asunto os populares “están a manter unha posición ambigua, xa que afirman non estar a favor da ampliación da ponte cando por outro lado existe un proxecto serio para a realización da obra” A protesta trasladouse a unha do mediodía a Redondela onde os veciños se concentraron ante a casa consistorial para solicitar a dimisión do alcalde, Xaime Rei. Os veciños entenden que o rexedor local non está a  cumprir coas súas labores como máximo mandatario local xa que de xeito reiterado negouse a recibir ao presidente do colectivo, Francisco Puch con quen mantén unha relación de enemizade por problemas políticos. O vindeiro venres día 10 de xullo a asociación de veciños celebra unha nova protesta que partirá dende o Alto da encarnación.      

Francisco Puch comisión de afectados
Critica a "ambigüidade" da Xunta
Francisco Puch
Reclaman a dimisión de Xaime Rei

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará