Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Violencia machista en Angorén

RR_Noticias

Na madrugada de hoxe axentes da policía local detiveron no barrio de Angorén en Chapela a un home de 38 anos acusado dunha presunta agresión contra a súa compañeira.

Os feitos producíronse á 1:40 horas de hoxe cando uns veciños alertaron dunha liorta entre un home e unha muller que se estaba a producir no Camiño Real no barrio de Angorén en Chapela.
Unha vez no lugar comprobaron como Antonio Alberto F.R. de 38 anos de idade tiña agredido a Sandra F.P. da mesma idade, quen presentaba varias lesións por todo o corpo, a boca ensanguentada e varios cortes nun brazo e nunha man, polo que foi trasladada ao centro Hospitalario de Povisa.
Segundo declaracións da muller a discusión comezou cando a súa parella a acusou dunha presunta infidelidade e, logo de esnaquizarlle o coche, comezou a golpes con ela. A parella ten un fillo en común.
O home foi detido e pasará hoxe a disposición xudicial.

 

 

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará