Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Akka Essaadaoui e Samia Zaudi triúnfan na II Carreira popular Vila de Redondela

RR_Noticias

Un total de 400 corredores participaron nunha carreira na que tamén resultaron premiados Julia Vaquero e Rafael González Gómez, que se impuxeron na categoría de maiores de 35 anos.

Nun ambiente onde primou a deportividade disputouse na mañá de onte a II carreira popular Vila de Redondela organizada pola piscina municipal en colaboración co Concello. Superáronse todas as previsións e foron preto de 400 os corredores que participaron na marcha que percorría seis kilómetros entre o casco urbano ata a punta de praia de Cesantes para regresar ao punto de partida.
Afeccionados e semiprofesionais déronse cita nunha proba cuxo obxectivo principal é a promoción do deporte e que enchía a vila de atletas dende primeira hora da mañá.
O vencedor absoluto foi Akka Essaadaoui quen percorreu os seis kilómetros da proba en tan só 18 minutos mentres que a primeira muller en chegar a meta foi Samia Zauli do Cluub de Atletismo de Porriño 22 minutos despois do inicio da carreira. En veteranos impuxéronse Julia Vaquero e Rafael González Gómez.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará