Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

10.000 folletos para evitar o marisqueo ilegal

RR_Noticias

A confraría de pescadores de Redondela ven de por en marcha unha campaña orientada a concienciar aos bañistas das graves consecuencias que sobre a súa saúde en particular e sobre os bancos marisqueiros en xeral, causa o marisqueo ilegal.

O patrón maior, Clemente Bastos, afirma que non é inusual observar aos bañistas extraendo ameixas ou berberechos dos areais para consumo propio sen ser conscientes de que esta acción pode conlevar riscos para a súa saúde, xa que “o marisco debe pasar sempre pola depuradora antes de ser consumido”. Para evitar estes prexuízos así como a esquilma continuada á que se ven sometidos os bancos marisqueiros da zona, a confraría instalou xa nas praias un carteis nos que se pode ler en galego e inglés “o perigo sanitario de consumir marisco sen pasar previamente por un proceso de depuración”. Repartirase ademais entre os usuarios das praias 10.000 folletos onde se lle aconsella que “vele pola súa saúde e respecte o traballo das mariscadoras”. Peirao sobre pilotes Esta é a primeira das accións levadas a cabo pola directiva que preside Bastos. Sen embargo, máis alá de medidas puntuais, o patrón maior lembra que están traballando na consecución dunha marca de calidade para o choco de Redondela e estudan a posibilidade de modificar o porto de Cesantes, “unha instalación que se fixo sobre un recheo o que trouxo consigo cambios nas correntes e graves efectos sobre o fondo da ría”. A solución: poñer o peirao sobre pilotes.      

Clemente Bastos patrón maior
Advirte do perigo de consumir marisco non depurado
Clemente Bastos
Poñer o peirao sobre pilotes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará