Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As parroquias contarán cunha ludoteca durante os meses de xullo e agosto

RR_Noticias

A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade organiza unha Ludoteca de verán polas parroquias na que poderán participar de xeito gratuito rapacesde entre 4 e 12 anos.

Con esta actividade quérese cubrir as horas libres que as/os menores teñen tralo remate do curso escolar. A poboación destinataria desta actividade son nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos.
As parroquias participantes son Cabeiro, Cedeira, Chapela (Cidadelle), O Viso (Saramagoso), Santo Estevo de Negros, Saxamonde (Chan das Pipas), Ventosela e Vilar de Infesta e desenvolveranse os luns, martes e xoves en horarios de 11 a 13 durante os meses de xullo e agosto.
Para participar nesta actividade, que é de balde, as/os menores só teñen que acudir aos centros culturais e veciñais das parroquias participantes.
Nesta mesma iniciativa desenvolvida no ano 2008 en 6 parroquias do concello, participaron ao redor de 120 nenas e nenos de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará