Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O marisco, rei da gastronomía en Arcade

RR_Noticias

Hoxe arranca en Soutomaior a III Semana Gastronómica e III Ruta do Pincho. Unha iniciativa que permitirá aos clientes dos restaurantes de Arcade degustar unha completa mariscada pro 80 euros.

Organizada pola Asociación de empresarios de Arcade en colaboración coa Deputación de Pontevedra comeza hoxe unha nova edición da Semana gastronómica na que participan boa parte dos hostaleiros de Arcade e que ten por obxectivo impulsar a gastronomía da zona, o sector hostaleiro e fomentar o turismo no concello de Soutomaior.
Ata o vindeiro domingo día 28, poderase degustar nos dez restaurantes que se sumaron á iniciativa un menú consistente nunha mariscada a un prezo especial de 80€, para dúas persoas, o menú inclúe: 12 Ostras, 1 Centolo, 6 Cigalas, 1 Lagosta, Percebes, 4 Vieiras,  Navallas e dúas sobremesas acompañado todo elo dunha botella de María Vinyals (Albariño de Soutomaior).
 Cada comensal participante nesta Semana entrará nun sorteo que lles permitirá optar a diferentes premios como unha fin de semana en Madrid para dúas persoas, un reloxo Viceroy e un Cheque regalo de 50€.
Ruta do pincho
Paralelamente á Semana Gastronómica celébrase a 3ª Ruta do Pincho. Así por cada consumición nalgún dos nove mesóns, taparías e cafeterías asociadas, ofreceráselle ao cliente unha tapa de balde de acompañamento.
Tamén neste casos optarán a diferentes premios nun sorteo que se celebrará o 6 de xullo.   

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará