Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Parlamento solicitará a Fomento a derrogación da alternativa 5

RR_Noticias

O Parlamento ven de aprobar solicitar a derrogación da conexión da A-57 coa rede arterial de Vigo aprobada inicialmente polo Ministerio de Fomento. Os populares solicitan que se aprobe a alternativa 11 que parte de Pazos de Borbén-Os Valos, en lugar da número 5 prevista.

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, por proposta do PPdeG, instar á Xunta a que solicite a derrogación da conexión da autovía A-57 coa rede arterial de Vigo aprobada inicialmente polo Ministerio de Fomento. Os populares argumentan a súa petición na necesidade de recoller “as reivindicacións dos veciños de Redondela, que se opoñen a ese proxecto de Fomento, ao que presentaron máis de mil alegacións por afectar gravemente ás vivendas e a espazos naturais a preservar”. O deseño de Fomento afecta a catro parroquias de Redondela e a 114 edificacións, ademais de supor “un sobrecuste de cen millóns de euros sobre a alternativa apoiada polo Partido Popular”, segundo salientou hoxe na Comisión o portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso. A Proposición non de Lei do Grupo Popular aprobada hoxe en Comisión aposta pola alternativa que parte de Pazos de Borbén-Os Valos, pero modificando o trazado que discorre pola parroquia de Vilar, co que se reducen os prexuízos aos veciños de Redondela. Así, na iniciativa ínstase a que, ademais de derrogar o trazado inicialmente previsto, se aprobe a Alternativa nº 11 do Estudio Informativo da Conexión da A-57 coa Rede Arterial de Vigo (Pazos de Borbén-Os Valos-Peinador), en lugar da número 5 prevista, que é unha vía practicamente paralela á autovía A-57.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará