Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PSOE e BNG aplauden a decisión de Fomento de aprobar o enlace a Peinador dende a A-57

RR_Noticias

O Bloque lamenta que se dupliquen os trazados e dende o PP fálase de “precipitación dende o Ministerio” por facer este anuncio cando aínda non tomou posesión o novo goberno da Xunta.

O Ministerio de Fomento publicaba onte no BOE a licitación do último tramo da A-57 entre Vilaboa e Peinador así como a aprobación definitiva do ramal a Vigo. A decisión do departamento que dirixe Magdalena Álvarez é valorada “moi positivamente” dende o goberno local de Redondela.

Os dous grupos que forman o bipartito apostaran dende un primeiro momento pola coñecida como alternativa 5 que nun percorrido de 23 kilómetros comunica o concello de Soutomaior co aeroporto nun trazado que discurre por Arcade e o Viso ata subir polos Valos a Peinado. Xaime Rei afirma que se trata dunha obra “prioritaria” para a comarca que “vai desconxestionar a autoestrada AP-9” e que beneficiará a todos os veciños da vila. Dende o BNG Carlos Pazos aplaude o trazado por entende que servirá de circunvalación ao concello e que permite desbotar definitivamente as variantes. Con todo o nacionalista reitera que “é un gasto innecesario a construcción de dúas autovías practicamente en paralelo” que vai causar importantes afeccións ambientais que “se poderían evitar conectando o último punto deste ramal coa A-52 directamente”.

Xunta do PP

Os populares pola súa banda lamentan a urxencia de Fomento “que non da opción ao novo goberno da Xunta a pronunciarse sobre o vial”. A voceira local dos populares, Francisca Canal lembra que este trazado vai ter numerosas afeccións no municipio “principalmente na parroquia do Viso” e que dende o PP sempre se mantivo o respaldo a outro percorrido, a alternativa 11

Unha autovía cuxos trámites van avanzando da oposición existente entre a cidadanía. Lembramos que foron varias as mobilizacións de protesta celebradas no concello contra este percorrido. Unha manifestacións que ao entender do alcalde careceron de respaldo popular.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará