www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Agosto de 2017


Política • 23/08/2017

A polémica sobre o dispositivo de seguridade implantado polo Concello de Redondela no Entroido de Verán do pasado sábado está servida. Ás críticas da Agrupación de Electores de Redondela, que denunciou "graves fallos e desorganización", súmanse as dos propios membros da Policía Local, que falan de "falta de medios materiais e de persoal".


Política • 23/08/2017

A edil socialista Digna Rivas denuncia os atrasos de ata tres meses nas citas para os usuarios do departamento municipal de Servizos Sociais en Chapela. Culpa desta situación de colapso á "mala xestión" do goberno local.


Política • 23/08/2017

O grupo municipal do bloque denuncia o estado de abandono do barrio, e lamenta "o estado de deterioro" de lugares "emblemáticos" da zona como a Praza da Aldea ou o mirador de Porta Regueira. O edil Manu Lourenzo insta tamén ao goberno local a executar as beirarrúas en Arcade de Arriba.


Política • 23/08/2017

A concelleira responsable do servizo responde así ás criticas do BNG, que cualificaba o servizo municipal como un modelo "fracasado". París sinala que o programa de ludotecas do Concello de Redondela atendeu neste ano 2017 a un total de 265 menores durante cinco horas todos os dias laborais do mes de xullo.


Sociedade • 22/08/2017

A illa de San Simón, sede de templarios e franciscanos na Idade Media, fermosa inspiración de trobadores, tamén foi escenario de grandes horrores. Saqueada por piratas, escenario da Batalla de Rande e campo de concentración do bando franquista na Guerra Civil. Tamén lazareto e horfanato. Un pasado que poden coñecer da man de guías profesionais nas rutas guiadas por San Simón.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2017 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Próximos Eventos...
Xoves, 24 de Agosto de 2017 - 18:00
Performance Waterproof
O Festival de Cabaret chega á praia de Cesantes cun espectáculo de danza-teatro sobre a auga e o amor. Ás 20.30 horas repetirán na Praza do Concello.
Xoves, 24 de Agosto de 2017 - 21:00
Cándido Pazó no Meixón Music
A praza de Meixón Frío acolle o xoves 24 ás 21:00h a actuación do actor e contacontos Candido Pazó.Unha actuación organizada polos locais A Tenda de Candelaria e Café da Vila.
Venres, 25 de Agosto de 2017 - 21:00
Coral de Torrelavega
A Coral Polifónica de Torrelavega ofrece un concerto na Praza da Casa da Torre dentro da programación cultural de verán do Concello. Entrada de balde.
Sábado, 26 de Agosto de 2017 - 12:00
Flashtop Cabaret
As rúas de Redondela e Chapela serán unha auténtica festa de música e cor cun divertido espectáculo do Festival de Cabaret. Ás 12.00 polas rúas do casco vello de Redondela e ás 20.00 horas no paseo de Chapela.
Sábado, 26 de Agosto de 2017 - 21:00
Novecento
A compañía de Nelson Quinteiro Cabaret é a encargada desta viaxe polas emocións, a música, a arte e a literatura de comezos do século XX. No paseo de Chapela.
Domingo, 27 de Agosto de 2017 - 10:00
Roteiro Monte Penide-Mirallo
Xornada para coñecer o patrimonio histórico da man de expertos arqueólogos. Actividade de balde con inscrición previa no Concello de Redondela.
Domingo, 27 de Agosto de 2017 - 19:00
Soho Cabaret
Clausura do Festival de Cabaret na Praza da Casa da Torre. O espazo transformarase nun cabaret berlinés con espectáculos, zona de baile, gastronomía... Animan ao público a acudir caracterizado, con agasallos para os mellores.
Xoves, 31 de Agosto de 2017 - 21:00
A Rondalla no Meixón Music
A praza de Meixón Frío acolle unha nova actuación enmarcada na programación festiva que organizan os locais Café da Vila e a Tenda da Candelaria. O xoves 31 ás 21:00 horas actua a Rondalla de Redondela.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia