Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: “O plan da Xunta contra a velutina é insuficiente e está desactualizado”

Fai  12 anos que a avespa velutina chegou a Galiza e, por agora, nada conseguiu freala. Só no 2023 rexistráronse 56.600 avisos e a Xunta retirou, a través de Seaga, máis de 29.500 niños. As entidades retoman a campaña de trampeo contra esta especie invasora coa chegada da calor e a primavera. Os apicultores son precisamente os que máis divulgación e traballo fan nesta loita. Nesta nova entrega da sección ‘Outro mundo é posible’ temos con nós a Gonzalo Calvo, veterinario de Asociación Galega de Apicultura (AGA) para falar da situación actual e das posibles solucións.

Calvo destaca que “as medidas da Xunta son insuficientes e están desactualizadas”. O trampeo “caseiro”, medida moi divulgada nos medios, non é unha solución a longo prazo para a invasión e todo o que conleva. Segundo o veterinario, o modelo piloto utilizado en Asturias é “cara o que debemos mirar”. Unha proposta que consiste en trampear por cuadrículas para repartirse o territorio colonizado por esta avespa invasora. Un territorio que, sobre os mapas de cada concello, dividiríase en cuadrículas de 300 metros cadrados para que, como mínimo, en cada unha delas colocásense dúas trampas. Mirando o éxito de Asturias, “esta planificación é a que precisa o goberno galego para mellorar o seu plan contra a velutina”.

Pero sobre todo, a prevención antes da chegada da calor para “eliminar as raíñas antes de que poidan reproducirse é fundamental”. “Todos os anos parece que chegamos mal e tarde e por iso cada vez hai máis avispa asiática en Galiza, cando poderíase ter máis controlado”, determina Calvo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Facendo Camiño

Facendo Camiño é unha asociación sen animo de lucro dedicada á organización de actividades socio/deportivas de diferentes tipos, enfocado ao colectivo LGTBIQ+, tendo o sendeirismo e as andainas como actividade

Escoitar audio »

Carreira de fondo: Laura Nogueira

Nunha nova entrega da sección ‘Carreira de Fondo’ contamos coa xornalista  Laura Nogueira (Redondela), graduada na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Falamos do seu proceso académico e o

Escoitar audio »