Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Tatán Cunha

Música de Chaleco Reflectante.

Nunha nova entrega da sección A voz emerxente contamos co histórico, mítico e lendario actor de Redondela Eduardo Alberto Rodríguez Cunha ou Tatán. Falamos da súa participación na película ‘San Simón’ de Miguel Ángel Delgado e da historia persoal que liga a súa familia ao arquipélago redondelán. O seu avó foi preso republicano e agora el, ten un papel inspirado na súa memoria e a memoria colectiva que describe os tempos máis escuros na illa durante a represión franquista. Tatán é Alberto, nome do personaxe en honra ao seu avó.

Conversamos tamén sobre a súa traxectoria na gran pantalla e como a súa primeira participación nunha película, A lingua das bolboretas, ten certas similitudes con este último papel en San Simón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp