Da man de María José Villar, desde a Biblioteca de Chapela achegámonos nesta ocasión a diferentes obras literarias que teñen un elemento en común: a mentira, a manipulación e os enganos.
A través de novelas, contos e ensaios, descubriremos como a mentira pode converterse nun poderoso recurso literario, capaz de crear intrigas, sorprender, espertar emocións e facernos reflexionar sobre a realidade, as aparencias e a natureza humana.
Unha viaxe literaria con obras como:
- El pequeño manipulador, de Bartosz Sztybor.
- Fake Over, de Nereida Carrillo e Alberto Montt.
- Mentira, de Juan Gómez-Jurado.
- Agua pasada, de Rodrigo Carretero.
- Tatá, de Valérie Perrin.
- A muller de mentira, de Iria Collazo López.


