Hoxe é Xoves 5 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AURARTE chega ao Bubba Café Brunch cun obradoiro para transformar refugallos mariños en xoias

Redondela acollerá o vindeiro sábado 21 de novembro un obradoiro creativo no que as persoas participantes poderán elaborar as súas propias xoias a partir de materiais reciclados e refugallos recollidos nas praias. A iniciativa estará impartida pola artista Claudia Nucarva, creadora do proxecto de artesanía sostible AURARTE, e combinará a creación artesanal coa concienciación ambiental nunha tarde pensada tamén para desconectar e gozar da creatividade.

A proposta está aberta a todo o mundo e non é necesario ter experiencia previa nin levar ningún material. Claudia encargarase de explicar os pasos e acompañar as persoas participantes durante todo o proceso.

A artista destaca que unha das claves da actividade é que cada persoa poida elaborar unha peza diferente, en función da súa personalidade e dos seus gustos. Pero tamén quere que sexa unha oportunidade para baixar o ritmo e dedicar un tempo á creación manual. “Hoxe en día vivimos moi acelerados e a artesanía é un arte que require paciencia e tranquilidade”, explica.

O obradoiro desenvolverase no Bubba Café Brunch, en horario de 17:00 a 19:30 horas, e incluirá unha merenda preparada polo propio establecemento. Haberá diferentes propostas gastronómicas e opcións adaptadas a distintas necesidades alimentarias, entre elas alternativas veganas e sen glute. As persoas inscritas poderán comunicar previamente calquera intolerancia ou restrición alimentaria para que se teña en conta na preparación.

A iniciativa xurdiu da colaboración entre Claudia e Diego, de Bradouro Artesanía, que foi quen impulsou a chegada do proxecto a Redondela e a súa unión co establecemento anfitrión.

A actividade ten un prezo de 39 euros por persoa. As inscricións e consultas poden realizarse a través das redes sociais de AURARTE e Bradouro Artesanía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp