www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 11 de Decembro de 2017


Sociedade • 7/12/2017

O patrón maior de Redondela, Clemente Bastos, amosa a súa preocupación por unha obra "da que non temos datos". Critica que non existan estudos do impacto que esta actuación podería ter e anuncia que dende a Asociación de mariscadores da Ría, que el preside, non se descarta convocar unha gran manifestación "porque un transvasamento afectaría a toda a ría e a todas as confrarías, non só a de Redondela e Arcade".


Cultura • 7/12/2017

Este concerto, que se poderá ver o sábado ás 21:00 horas no Multiúsos, fará un repaso dos 12 temas do disco de "Chané na Habana", gravado a finais de xullo no Auditorio de Galicia. Arranxos actuais sobre o repertorio recuperado de Chané, unha das figuras do rexurdimento musical galego a finais do século XIX e que morreu na Habana no 1917.


Institucional • 7/12/2017

Un total de once municipios galegos teñen orzamentos que se poden cualificar como pobres ou mesmo precarios para afrontar situacións do seu departamento de servizos sociais, segundo un estudo da Asociación Estatal de Directores e Xerentes en Servizos Sociais.


Sociedade • 7/12/2017

Os veciños de Soutomaior pero tamén de Redondela e Vilaboa sumáronse onte a unha concentración protesta en contra do anunciado transvasamento de auga do río Verdugo ao encoro de Eiras para garantir o abastecemento de auga a Vigo e concellos limítrofes. Dende o BNG anunciaron que a súa representante no Parlamento Europeo, Ana Miranda, dirixirase á Comisión Europea para denunciar que o trasvase podería incumprir a normativa europea de augas pola posible afectación dos recursos hídricos e dos bancos marisqueiros.


Institucional • 7/12/2017

Actualmente son 17 os usuarios que fan uso desta infraestrutura no seu centro de día, 13 a xornada completa e catro a media xornada. Será no vindeiro ano cando se amplíe o número de prazas coa entrada en servizo da súa parte residencia que dará cabida a 24 novos usuarios.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2017 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Próximos Eventos...
Venres, 15 de Decembro de 2017 - 12:00
Libros por comida
A Biblioteca de Chapela organiza unha actividade solidaria que se prolongará ata o 15 de decembro consistente no intercambio de libros por comida non perecedoira que será entregada a Cáritas Redondela para a que repartan entre os máis desfavorecidos.
Venres, 15 de Decembro de 2017 - 19:00
Homenaxe Mestra Paulina
Concertos da orquestra de saxos enmarcado nos actos homenaxe a Mestra Paulina. O venres 15 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde.
Sábado, 16 de Decembro de 2017 - 12:00
Feira de artesanía
Redondela acollerá os días 16 e 17 unha nova edición da tradicional feira de artesanía de Nadal na que participarán un total de trinta postos. Estarán ubicados na rúa Ribeira, ao carón da Alameda o sábado de 10 a 22:00h e o domingo de 10 a 21:00h
Sábado, 16 de Decembro de 2017 - 17:00
Musical “Había una vez”
Concerto solidario a favor de Unicef, un musical o sábado 16 ás 17:00 horas que se celebrará no Auditorio da Xunqueira, organizado por Asociación PIYOPI xunto a Odisea Factory Dance. Entrada 5€.
Domingo, 17 de Decembro de 2017 - 20:00
Humor na súa tinta
Dentro do ciclo de humor que organiza MOitaMerda Producción chega a Redondela o humorista Miguel Lago. Actuación o domingo 17 ás 20:00 horas. Venda de entradas en Ticketea e O Café da Vila a 10€.
Domingo, 24 de Decembro de 2017 - 12:00
Cabalgata de Reis
Redondela abre a inscrición para participar na cabalgata de Reis. Os nenos e nenas de 5 e 12 anos que queiran asistir deberán anotarse no enderezo angelaanton@redondela.gal antes do 24 de decembro.
Hoxe na Radio
00:00 - 18 Rodas
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia