www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019


Sociedade • 14/11/2019

Pais e nais do colexio Igrexa en Chapela, inaugurado hai apenas dous meses, sairán estevenres a rúa para reclamar que se instale canto antes o sistema de calefacción no centro. Reivindican tamén a mellora do camiño da Buraca e que, mentres non se acondicione este acceso, se habilite unha parada do autobús escolar na avenida de Redondela permitindo así que o alumnado non teña que subir ao centro por unha "vía estreita, sen beirarrúas e especialmente perigosa cando coinciden os coches particulares e os autobuses". Maña convocan unha manifestación que partirá ás 8:30 horas dende a parte baixa do camiño.


Cultura • 14/11/2019

O Museo de interpretación da batalla reabrirá de forma estable a partir da vindeira semana, logo de que durante o último mes tan só o fixera de forma puntual para atender visitas organizadas. Un peche parcial que se debeu ao remate dos contratos do persoal procedente da Deputación que atendía estas instalacións. Dende o PP critican que o Museo permanecera pechado "sen avisar aos visitantes que se achegaban ata Rande e tiñan que marchar ao atoparse coas portas pechadas".


Institucional • 14/11/2019

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitaron esta mañá os traballos de acondicionamento do parque infantil multiusos do Piñeiral. Estas obras supuxeron un investimento de case 35.000 euros para a adquisición de novos elementos de xogo, a colocación dun valado e o acondicionamento de todo o espazo.


Deporte • 14/11/2019

O equipo redondelán da Segunda Galega está a facer un bo comezo de temporada. Logo de 10 xornadas son 9º na táboa con 15 puntos logo da contundente vitoria deste pasado domingo ante o Xinzo. O adestrador, Jorge Iglesias, confía en seguir nesta boa senda e acadar canto antes os puntos que lle garantan a permanencia.


Política • 14/11/2019

O parlamentario do BNG esixiu ao titular de Vicepresidencia, Alfonso Rueda unha revisión da autorización para impedir que se instale esa casa de apostas en Redondela. Pola súa parte, o conselleiro respondeu que a Xunta permanece pendente da licenza do concello, nestes momentos en proceso de presentación de alegación, e afirmou que a Xunta cumprirá o que marca a lei.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Out 2019 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Venres, 15 de Novembro de 2019 - 12:00
Cursos de memoria
O Concello abre o prazo para se inscribir na actividade de Memoria que se vai desenvolver ata o 30 de xuño e que ten un custe de 32,65€. Unha en Redondela e Chapela. Inscricións ata o 15 de novembro.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia