Hoxe é Mércores 29 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luz verde da Xunta para a construción da nova depuradora de Arcade

edar arcade

A futura infraestrutura hidráulica dará servizo a unha poboación estimada de 11.829 habitantes e permitirá paliar as deficiencias existentes no sistema actual. Estímase que a obra suporá un investimento dun dous millóns de euros. A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna.

A Xunta de Galicia vén de dar luz verde ambiental ao proxecto para a execución dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) no concello de Soutomaior para dar servizo a unha poboación estimada dun 11.829 habitantes equivalentes, incluíndo a poboación actual e as necesidades a futuro.

Segundo conclúe o informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, non son previsibles efectos adversos significativos sobre a contorna sempre que se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental e na restante documentación analizada, como na propia resolución autonómica.

En canto ao obxectivo das actuacións previstas no proxecto, consisten na mellora do sistema de depuración existente no termo municipal de Soutomaior mediante a construción dunha nova EDAR e as súas instalacións asociadas para solucionar as deficiencias que presenta o actual sistema de depuración e adecualas á nova Directiva comunitaria en materia de augas residuais.

Localizada en varias parcelas da parroquia de Arcade, entre as instalacións asociadas ao sistema de depuración da futura infraestrutura destaca a construción dun tanque de tormentas, unha condución de impulsión desde o referido tanque ata a nova EDAR e un emisario terrestre paralelo á condución de impulsión, así como a demolición da depuradora existente e a construción dun parque solar que alimente de enerxía á futura infraestrutura.

Na actualidade, Arcade dispón dunha depuradora posta en servizo no 2005 de tipo físico-químico, que será substituída por unha nova infraestrutura de tipo biolóxico, que disporá de maior capacidade para conseguir mellores rendementos na depuración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará