A libraría da úa Reveriano Soutullo conmemora o seu primeiro ano de traxectoria cunha programación especial centrada na literatura e a creatividade. Así, durante tres sábados conssecutivos do mes de maio, os días 9, 16 e 23, organiza obradoiros e encontros dirixidos tanto a público adulto como infantil co obxectivo de fomentar a escritura, a lectura e as artes vinculadas ao libro.
O primeiro dos eventos terá lugar o sábado 9 co taller de escritura creativa “É meu este recordó”, impartido pola escritora Estela Gómez. A actividade, que se desenvolverá de 10:00 a 14:00 horas, propón traballar a memoria, as imaxes e os obxectos como punto de partida para a creación literaria. O prezo é de 55 euros e inclúe todos os materiais.
O sábado 16 será a quenda dunha proposta dirixida ao público infantil a partir de 7 anos. O autor Diego Bará visitará a libraría para narrar, en clave poética, a historia de Castelao e Virxinia. A sesión completarase cun taller de elaboración de minilibros.
A programación continuará o sábado 23 cun taller de bordado sobre papel, impartido por Desbordada Talleres Creativos. Nesta actividade, que se celebrará de 11:00 a 13:30 horas, as persoas participantes aprenderán técnicas de bordado aplicadas ao papel para deseñar o seu propio marcapáxinas. O prezo é de 38 euros, con materiais incluídos.
Todas as actividades contan con prazas limitadas, polo que é necesaria inscrición previa.
Con esta iniciativa, a libraría non só celebra o seu aniversario, senón que reforza a súa aposta por converterse nun espazo cultural activo e próximo á comunidade.









