Hoxe é Luns 20 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Feira do Libro de Soutomaior medra con máis editoriais e propostas para todos os públicos

Silvia Cernadas, concelleira de Cultura

Este ano a Feira, debido as obras de humanización en Talo Río, celebrarase principalmente no Multiúsos de Arcade aínda que tamén terá outros escenarios coma a Biblioteca Luís Seoane. Espectáculos de narración oral, música e presentacións literarias son algunhas das propostas dunha celebración que se desenvolverá do 23 ao 26 de abril e que inclúe unha cita moi especial: “Fontes das que beber” na que se porá en valor a cultura do viño cun obradoiro de banda deseñada e humor gráfico con Kiko Dasilva e unha degustación de viño e petiscos na adega Noelia Bebelia.
A celebración comezará en Arcade o Día do Libro, 23 de abril, ás 20.30 h. na Biblioteca Municipal Luís Seoane co espectáculo de narración oral ‘Non sei se foi verdade ou se o lin nun libro’ de Ángeles Goás. Unha cita destinada a público adulto.
O día 25 de abril a programación arrancará ás 10:30h. coa animación de rúa ‘Máis Ritmo’ a cargo de Trío Detrés. No poderán visitarse os stands das editoriais con Antela Editorial, Edimaes, Boadicea Editora, Cuarto de Inverno, Belagua Ediciones, Galaxia, Editorial Elvira, Através Editora, Hércules Ediciones, Cooperativa Gráfica Sacauntos e Aira e diferentes espazos nos que se celebrará charlas coloquios, presentacións literarias, xogos e espectáculos.
A concelleira Silvia Cernadas destacou o elevado número de editoriais participantes como os escritores e escritoras que participarán do evento, Así pola feira pasará Balgar Morgade Lores co libro ‘Netchu. O neno momia’, o obradoiro ‘Poemarios de peto’ de Donde Viven los cuentos, a presentación do libro en galego ‘Gorrións e Falcóns’ de Carmen Blanco Sanjurjo, a presentación do libro ‘Bego e o mundo do revés’ de Iria Collazo e espectáculo con Vero Rilo e Luís Iglesias, o contacontos infantil ´Lola Feroz’ con Juan Baquero, a presentación do libro ‘Tras os pasos de Castelao na Bretaña’ ou o espectáculo ‘Alicia!’ de Teatro Pedras de Cartón.
Na xornada do domingo 26 de abril terá lugar unha actividade moi especial na Adega Noelia Bebelia, “Fontes das que beber”, unha cita onde entre as viñas, cun ambiente aberto e luminoso as e os asistentes terán a oportunidade de visitar o espazo da adega, participar nun obradoiro de banda deseñada e humor gráfico con Kiko Dasilva e tamén coñecer a riqueza que albergar a cultura do viño coa vista cunha degustación de viño e petiscos con Noelia Bebelia. Para esta actividade , tamén de balde, é preciso inscribirse dende mañá, sábado 18 abril ás 9:30h. en https://soutomaior.gal/actividades/ as prazas son limitadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará