Hoxe é Martes 14 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco logra sumar e segue na loita pola salvación

WhatsApp Image 2026-04-13 at 20.32.05

Foto de Xeila Fervenza

Resultados dispares do fútbol local que cambian a situación nas distintas táboas.

Preferente

TYDE F.C. – C.D. CHOCO (1-2)

O Choco suma unha nova vitoria que lle permite acadar os 30 puntos, situándose no posto 14 e saíndo da zona de perigo. Na próxima xornada afrontará un reto máis esixente, recibindo no Campo de Santa Mariña ao actual líder da categoría, o Pontevedra C.F. “B”. Marcaron Alejandro Graña (71’) e Daniel Suárez (73’).

Primeira Galicia

C.D. ARCADE – S.D. AGOLADA (1-2)

O Arcade caeu na casa ante un Agolada moi necesitado, que deu todo no campo para manter vivas as súas opcións de salvación no tramo final da tempada. Pola súa banda, o Arcade ocupa unha cómoda décima posición que lle permite afrontar con tranquilidade o obxectivo da permanencia. Na seguinte xornada visitará ao Flavia S.D. O gol local chegou de penalti, obra de Crespo (90’+4’).

Segunda Galicia

C.D. BUEU – C.D. SOUTOMAIOR (0-5)

Contundente triunfo do Soutomaior, que con 48 puntos consolida a cuarta praza e afianza a súa presenza na zona de play-off de ascenso. Na próxima xornada recibirá ao U.D.S.M. Deiro, equipo da parte baixa que precisa sumar. Destacou José Carlos de la Torre con catro goles, completando a goleada Luis Felipe Gómez.

Terceira Galicia; Grupo Pontevedra

E.F. VILLA DE MARÍN – C.D. CESANTES (4-2)

O Cesantes sufriu unha derrota ante o Villa de Marín nun duelo directo pola parte alta da táboa. O conxunto local queda con 52 puntos no segundo posto, mentres que o Cesantes suma 51 e cae á terceira posición, con Campañó S.D. como novo líder. Trátase da terceira derrota da tempada para un Cesantes que continúa facendo unha gran campaña e segue en zona de play-off con opcións claras de ascenso. Os goles visitantes foron de David (82’) e Lucas (86’).

Terceira Galicia; Grupo Vigo

ATLÉTICO VILLAR – CLUB PEÑASCO (2-2)

Empate do Villar no campo de San Martín, resultado que lle permite seguir liderando a clasificación con 64 puntos e reforzar a súa posición na cabeza. Na seguinte xornada visitará ao Descanso Sampayo, conxunto situado na zona baixa. Os goles foron de Daniel Barciela (28’) e Iago Novoa (42’). Cada vez están máis preto do ascenso matemático.

ATLÉTICO HURACÁN DE ZAMÁNS – CHAPELA C.F. (3-1)

O Chapela non puido puntuar no campo de San Cosme de Zamáns e queda sexto con 49 puntos nunha clasificación moi igualada. Na próxima xornada recibirá ao Cabral F.C., pechacancelas da categoría. O tanto do Chapela foi de Telmo nos últimos intres do encontro. A próxima xornada reciben ao Cabral FC, pechacancelas da categoría. Gol de Telmo no ultimo momento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará