Hoxe é Martes 14 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán David Lago Alonso clasifícase para a Olimpíada informática Internacional de Uzbekistán

david lago

O alumno de 2º de Bacharelato do Ies Pedro Floriani David Lago vén de clasificarse para a competición internacional logo de lograr a terceira posición e ser medalla de ouro na XXX Olimpíada Informática española celebrada esta fin de semana na Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Valladolid.

Un resultado que o sitúa entre os mellores programadores do país e lle garante unha praza para a Olimpíada Mundial que se celebrará do 9 ao 16 de agosto en Uzbekistán.

A proba celebrada en Valladolid reuniu un total de 42 estudantes de todo o país que tiñan destacado nas competicións autonómicas. O seu obxectivo é fomentar o talento en informática e a resolución de problemas computacionais, preparando aos mozos e mozas para retos académicos e profesionais de alto nivel.

David Lago clasificárase para a proba nacional tras superar os problemas de programación aos que tivo que enfrontarse na fase galega. Agora agranda o seu mérito tras amosar a súa capacidade para resolver problemas algorítmicos complexos mediante código e lóxica.

Os catro primeiros clasificados, todos eles con medalla de ouro, integrarán o equipo español que competirá na Olimpíada internacional do vindeiro mes de agosto.

Lago conta xa con experiencia en certames previos. Por exemplo en 2023 xunto con outros dous compañeiros, Carla e Rubén, participaron na Olimpíada Internacional Xuvenil de Ciencias celebrada en Bangkok (Tailandia) cando aínda eran alumnos de ESO no Illa de San Simón, entre outros recoñecementos.

O segundo participante galego na proba, Nicolás Freiría Casal, alumno de 2º de bacharelato do IES Ribeira do Louro do Porriño, alcanzou o posto 19 da clasificación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará