Hoxe é Martes 7 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colectivos de Chapela reclaman a saída de ArcelorMittal e a recuperación do solo para uso público

arcelor mittal

A Asociación de Veciños de Chapela, que dende hai anos está a denunciar a actividade industrial que se realiza nesta nave malia non contar con licencia de actividade nin estudo de impacto ambiental, ven de sumar o apoio do resto de colectivos que conforman o Consello Parroquial. A proposta presentada pola Asociación Cultural e social de Chapela reclama que se inclúa no PXOM o cambio de uso industrial a dotacional do espazo ocupado actualmente pola nave de Arcerlor Mittal na Rúa José Fernández López.

As alegacións presentadas pola Asociación de veciños e a comunidade de montes da parroquia buscan restablecer o uso dotacional para o espazo ocupado pola nave de Arcelor Mittal. Esta parcela está ocupada dende hai décadas por esta empresa malia carecer de autorización municipal para o seu funcionamento “unha situación que se remonta a 1992 cando a antiga Ensidesa solicitou unha licenza que nunca foi concedida”. Ante esta situación os colectivos veciñais esixen que sexa revertida a súa concesión e se cambie o uso industrial dos terreos que actual mente ocupa esa nave e que pase a uso dotacional para a veciñanza.

Victoria Pichel, AVV Chapela

Critican a falta de actuación do Concello neste asunto “está a dilatar os prazos para facilitar a continuidade de Arcelor Mittal e dar tempo a que a empresa poida regularizar a súa nave. Con todo, insisten en que o uso industrial deses terreos “non e compatible coa normativa prevista, dado que o PXOM, tanto na súa normativa vixente como na que se está a revisar, prevé a reclasificación dese ámbito como solo de equipamento público  o que imposibilita a concesión dunha licenza de legalización”.

A nave, de máis de seis mil metros cadrados está situada a carón da vía férrea Guixar-Redondela e rodeada dunha alta densidade de vivendas. A súa actividade implica un movemento diario duns cen camións de alto tonelaxe ademais de provocar ruídos incluso en horario nocturno.

Os colectivos insisten na necesidade de recoller no PXOM o uso dotacional deste espazo e defenden a saída de ArcelorMittal da súa localización actual para converter ese espazo degradado nun espazo de uso da veciñanza.

Non mesmo consello parroquial, celebrado o pasado día 24, aprobouse por maioría instar ao goberno municipal a solicitar ADIF como entidade propietaria das instalacións, a non renovación do aluguer da nave á finalización do contrato existente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará