Hoxe é Martes 7 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha veciña de Soutomaior atopa unha perla no interior dunha ostra… por segunda vez na súa vida

veciña que atopou a perla

Mari Carral foi a persoa afortunada que durante esta pasada fin de semana atopou unha perla no interior dunha ostra mentres disfrutaba da tradicional degustación na Festa de Arcade. O feito en si xa é sorprendente, pero o asombro é maior por ser a segunda vez na súa vida na que esta veciña de Soutomaior atopa unha esfera de nácar nunha ostra.

A festa da Ostra de Arcade deixa este ano unha desas anécdotas sorprendentes que sempre chaman a atención. Unha veciña da localidade, Mari Carral, atopou unha perla no interior dunha ostra cando estaba a compartir a tradicional degustación en unha sorpresa aínda maior.

Este tipo de descubrimentos son raros, pero non imposible xas que as ostras poden formar perlas de xeito natural. Aínda así atopar unha nun contexto festivo e gastronómico, como é a Festa da Ostra pola que esta fin de semana pasaron máis de 45.000 asistentes e se despacharon unhas 100.000 unidades de ostras, fai que o acontecido a Mari Carral sexa realmente incrible.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará