Hoxe é Martes 7 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Choco Cup reúne 16 equipos base da comarca

WhatsApp Image 2026-04-06 at 18.35.42 (3)

Fotos de Xeila Fervenza

O CD Choco celebrou con éxito a nova edición do seu tradicional Torneo Solidario de Semana Santa Choco Cup, patrocinado por Recambios Ochoa. O evento desenvolveuse os días 2 e 3 de abril nas instalacións de Santa Mariña: o xoves 2 competiron as categorías benxamíns e o venres 3 as categorías alevíns.

Participaron un total de 16 equipos da comarca, Vigo, Pontevedra e Ourense (entre eles o CD Velle, o Pabellón de Ourense, o Arbo, o Ponteareas ou o Arousa de Villagarcía), con 12 xogadores por equipo. Foi unha xornada de fútbol base chea de ambiente de convivencia, compañeirismo e moito deporte, na que a competición se combinou co espírito solidario.

Durante o torneo recolléronse arredor de 180 quilos de alimentos non perecedoiros en colaboración con Cáritas. Todo transcorreu con normalidade e o bo tempo acompañou as dúas xornadas. Dende o club queren agradecer aos patrocinadores e á colaboración dos equipos participantes nun torneo que, ademais de solidario, permitiu aproveitar o parón das ligas en Semana Santa para poñer o foco no deporte base. Os rapaces “pasárono moi ben” e compartiron xuntos unha comida nunha carpa habilitada para a ocasión, con comida, froita e bebidas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará