Hoxe é Luns 6 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pachu, convocado pola selección española de fútbol sala para xogar en Finlandia

_cr1907.jpg (1)

Pachu / Foto da RFEF

O redondelán Pablo García Lago, Pachu, de 24 anos, quedou finalmente na lista definitiva da selección absoluta de fútbol sala para os dous encontros amigables que se disputarán en Finlandia. O ala do Osasuna Magna Navarra comparte convocatoria con outro galego: o pívote Gonzalo Santa Cruz Vasallo, xogador de O Parrulo e natural de A Coruña.

A selección xa se atopa concentrada na Cidade do Fútbol de Las Rozas para preparar estes partidos. Os de Jesús Velasco adestraranse por primeira vez na tarde deste luns e o martes realizarán dobre sesión antes de viaxar ao día seguinte a Tampere, onde quedarán concentrados.

Serán os primeiros encontros da selección española tras lograr o título europeo o pasado mes de febreiro e, á súa vez, os últimos da presente tempada. Disputaranse na localidade de Nokia o venres 10 e o sábado 11 de abril ás 18.30 horas. Ambos os encontros poderanse seguir a través das canles da RFEF.

O seleccionador absoluto, Jesús Velasco, fixo oficial a lista definitiva de xogadores tras a prelista de 30 convocados para estes amigables que pecharán a tempada.

Pachu é un ala formado nas filas do Casa Paco e o Campito FS. En 2018 deu o salto ás categorías inferiores do Levante, co que ascendeu ao primeiro equipo en 2022. Desde 2023 defende as cores do Osasuna Magna Navarra, onde se converteu nunha das pezas destacadas do cadro navarro.

A presenza de Pachu e de Gonzalo Santa Cruz Vasallo na lista definitiva reafirma o potencial do fútbol sala galego como canteira de grandes xogadores. O redondelán compartirá convocatoria con xogadores de renome.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará