Hoxe é Luns 6 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG aposta por recuperar o sector téxtil en Redondela catro décadas despois de Telanosa

regojo

Foto: Anecdotario Redondelán. Juan Migueles

A formación nacionalista anuncia un plan para reactivar o téxtil con emprego cualificado que inclúe a posta en marcha de medidas concretas como a implantación de formación especializada en Patronaxe e moda, a reorientación dos Obradoiros de Emprego e o impulso a pequenas e medianas empresas (PEMES). A iniciativa foi presentada no marco das actividades organizadas polo BNG arredor do día da Muller, coincidindo coa conmemoración dos 40 anos da histórica empresa TELANOSA.

A concelleira Jéssica García detallou este plan centrado na formación, o emprego e o impulso empresarial, co obxectivo de recuperar unha actividade histórica na vila, pero adaptada ás condicións actuais do mercado.

Entre as propostas destacadas figura a implantación de formación especializada en Patronaxe e Moda dentro dos ciclos formativos, unha medida que o BNG prevé impulsar en colaboración coa administración educativa. A isto súmase a reorientación dos Obradoiros de Emprego cara ao sector téxtil, cun modelo de coordinación directa coas empresas para facilitar a inserción laboral.

O plan inclúe tamén o apoio á creación de pequenas e medianas empresas, afastándose do modelo das grandes factorías do pasado e apostando por iniciativas a menor escala. Neste sentido, García subliñou a importancia de aproveitar o coñecemento acumulado polas xeracións vinculadas ao sector, un capital humano que, advertiu, está en risco de desaparecer.

A creación de emprego cualificado no ámbito da moda e do téxtil completa unha estratexia que o BNG presenta como unha oportunidade para revitalizar o tecido económico local. A proposta toma como referencia o legado industrial de experiencias como TELANOSA e o histórico grupo Regojo, co obxectivo de recuperar protagonismo para o sector en Redondela.

A concelleira nacionalista lembra que tras o colapso de Regojo diferentes foron as fórmulas que se desenvolveron en Redondela e bisbarra, con diferente resultado. Facenda embargou as contas de ducias de mulleres. As mobilizacións sociais, manifestacións, corte de tráfico e mesmo do transporte da vía férrea, levaron a unha situación de loita nas rúas durante moitas xornadas. Hoxe daquela factoría, só queda en pé a cheminea rodeada de edificios residenciais.

“Todo ese capital humano, catro décadas despois está desaparecendo e estase perdendo”, segundo a nacionalista Jéssica García e “imos a poñer todo o noso empeño para aproveitar esa herdanza, e capacidades para recuperar protagonismo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará