Hoxe é Domingo 5 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas persoas feridas, unha delas de gravidade, tras colidir e envorcar un vehículo en Redondela

112

O sinistro tivo lugar ao redor das 00:30 horas, cando, segundo informou un particular ao servizo de emerxencias, dous vehículos chocaron durante unha manobra de adiantamento no punto quilométrico 136 da N-550 á altura da parroquia do #Viso no barrio de Soutoxuste. Un dos turismo colidiu contra outro cando circulaban pola zona do dobre sentido en dirección Arcade.

A consecuencia do impacto, un dos coches deu varias voltas de campá, mentres que o outro envorcou, quedando o seu condutor atrapado no interior sen posibilidade de abrir as portas.

O 112 Galicia activou de inmediato un amplo operativo no que participaron os servizos sanitarios do 061, efectivos do GES de Mos, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, voluntarios de Protección Civil e persoal de mantemento da vía.Un dos vehículos colidiu contra outro cando circulaban pola zona do dobre sentido en dirección Arcade.

Á súa chegada, os membros do GES lograron liberar á persoa atrapada, polo que finalmente non foi necesaria a intervención dos bombeiros. Os equipos sanitarios atenderon a dous feridos no lugar do accidente, un dos cales tivo que ser evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro con feridas de consideración.

As autoridades investigan agora as circunstancias exactas do sinistro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará