A campaña promovida pola Asociación de empresas de Redondela en colaboración co Concello contou cunha notable participación con 1.658 tikets rexistrados no comercio e hostalaría de Chapela. Unha iniciativa posta en marcha nesta parroquia coincidindo coa Semana de Rosalía que este xoves entregaba os seus premios ás dez persoas afortunadas.
“Chapela, unha fiestra aberta ao mar” naceu co propósito de unir cultura, deporte, comercio e hostalaría arredor da figura de Rosalía de Castro e a dinamización lingüística neste ámbitos.
A elevada participación confirma o compromiso da veciñanza e o atractivo dunha proposta que combina dinamización económica e identidade local buscando poñer en valor o comercio de proximidade e impulsar o consumo nos establecementos da parroquia, que se implicaron activamente na ambientación e nas actividades vinculadas a esta campaña
A resposta da clientela foi extraordinaria, acadándose un rexistro de 1.658 tickets de compra, unha cifra que consolida esta acción como unha das máis participativas dos últimos anos en Chapela.
Durante o acto fíxose entrega dos agasallos ás persoas gañadoras desta edición: Arturo Bouzada, Alicia Alonso, Ana Mº Nalsera, Isabel González, Roberto Urdeira, Ángeles Caride, Enrique Darriba, Lali Fernández, Iria Pedrol e Rubén Castro, todos eles clientes do comercio de proximidade que realizaron as súas compras ao longo da campaña nalgún dos locais comerciais ou de hostalaría de Chapela.









