Hoxe é Mércores 25 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gael Couñago Romasanta (CAR): 1,99 metros en salto de altura e medalla de chocolate no Campionato de España

655665320_18021805175810669_4388025256910419417_n

O atleta Gael Couñago Romasanta, do Club de Atletismo de Redondela (CAR), conseguiu unha excelente cuarta posición (coñecida como “medalla de chocolate”) no Campionato de España Sub-20 de atletismo, disputado en Sabadell.

Gael participou na proba de salto de altura, onde acadou unha marca de 1,99 metros, igualando o rexistro do terceiro clasificado, pero quedando fóra do podio por moi pouco.

Dende o club destacaron o “fantástico resultado” do deportista, que estivo dirixido e acompañado polo seu adestrador Javier Besada. “Parabéns Gael, estamos moi orgullosos de ti”, sinalaron.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará