Hoxe é Venres 20 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vilar de Infesta celebra a súa festa aniversario con música, tradición e actividades para toda a familia

festa aniversario vilar

O centro cultural de Vilar acolle este sábado 21 de marzo a partir das 19:30 horas unha xornada festiva con espectáculos infantís, actuacións de grupos locais e concerto de Marcela Canela como broche final, nun evento gratuíto aberto a toda a comunidade.

Unha proposta que combina ocio, cultural e participación veciñal e que servirá para conmemorar o seu aniversario.A programación arrancará ás 19:30 horas co espectáculo infantil “Peter Punk: Chungo que te cagas”, pensado para público familiar con humor, música e interacción constante con el público.

Ao longo da tarde e noite, o escenario dará protagonismo a distintos colectivos da parroquia como o Grupo de Baile Moderno Falcatruada,  o grupo de Pandereteiras Follas Verdes de Vilar de Infesta e o Grupo de Gaita e Percusión Aluarado.

O punto forte da noite será a actuación de Marcela Canela, prevista para as 22:00 horas. Marcela, cunha traxectoria recoñecida na música familiar, ofrecerá un espectáculo dentro do programa “Redondela con ritmo”, cun repertorio que mestura temas para poder bailar e pasar unha noite en comunidade.

A Festa Aniversario do Centro Cultural de Vilar de Infesta conta co apoio do Concello de Redondela e da Deputación de Pontevedra, e pretende consolidarse como un evento anual que combina cultura, música e tradicións locais, promovendo a participación da veciñanza de todas as idades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará