Hoxe é Mércores 18 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornadas decisivas para o balonmán base feminino redondelán

WhatsApp Image 2026-03-17 at 12.54.17

Infantil Feminino da SAR clasificadas para o Sector Nacional

Balonmán Chapela, SAR e As Choqueiras de Redondela teñen este fin de semana a oportunidade de dar un paso decisivo nos seus obxectivos da tempada nas categorías base do balonmán feminino galego. Títulos, Final 4 e prazas para o Sector Nacional están en xogo.

Na categoría xuvenil feminina, As Choqueiras e o Porriño disputarán mañá xoves 19 de marzo (Día de San Xosé) ás 10:30 horas a primeira eliminatoria clave para acceder á Final 4. Para As Choqueiras, trátase dunha oportunidade decisiva tras gañar a Liga Prata.

Pola súa banda, as xuvenís do SAR xa teñen praza na Final 4 que se disputará os días 28 e 29 de marzo en Tui, onde pelexarán por unha das prazas para o Sector Nacional.

O equipo infantil feminino da SAR chega ás dúas últimas xornadas da Liga Ouro con opcións reais de proclamarse campioas de Galicia. Incluso un empate nalgunha das dúas citas podería valer para conseguir o título de Liga Ouro de toda Galicia. Ademais, as infantís xa están clasificadas matematicamente para o Sector Nacional. O mesmo ocorre co equipo cadete do SAR, que ocupa a segunda posición e tamén ten asegurada a presenza no Sector Nacional.

Na categoría cadete feminina, o Balonmán Chapela disputará este fin de semana un partido decisivo fronte ao primeiro clasificado, o Guardés. Unha vitoria daría ás berbés opcións serias de clasificarse directamente ao Sector Nacional. En caso de derrota, teñen asegurada polo menos a participación na Final 4 galega.

Os equipos cadete e infantil femininos de As Choqueiras de Redondela dependen das dúas xornadas restantes para entrar na Final 4 galega. Este fin de semana enfróntanse ao Lalín e a próxima xornada ao Bueu. Para clasificarse con total seguridade terían que sumar os seis puntos en xogo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará