Hoxe é Luns 16 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS Rodavigo suma e segue na loita

WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.43.56

Terceira División Nacional

Concello de Friol FS – Redondela F.S. Rodavigo (1-7)

Rotunda vitoria do Redondela FS Rodavigo na pista do Friol. Os tres puntos permiten ao equipo colocarse na 13ª posición e gañar aire na loita pola salvación. Na próxima xornada (29 de marzo) reciben ao E.D. Vigo 2015, colista da categoría, nunha oportunidade clara para seguir sumando.

A.D.F.S. Bueu Grupo Roslev – S.D. Pazos de Borben FS (7-2)

 O SD Pazos non puido co Bueu, rival directo, e caeu con contundencia como visitante. Sitúanse décimos na táboa xeral e preparan a recepción ao Korreo Guitiriz FS na vindeira xornada. Dende o club expresaron en redes:  “Foi un encontro no que se xogou ao que o ADFS Bueu quixo durante todo o tempo, polo que o resultado é xusto e non nos queda outra que dar os parabéns aos amigos de Bueu”.  Chega unha semana que debería ser de descanso , pero na cal aproveitará para disputar os dous encontros aprazados que teñen.

Preferente FS

Campito Chapela F.S. – Academia FutSal Ourense (6-6)

Empate intenso a seis goles na casa do Campito fronte á Academia Ourense. Mantéñense na zona media da clasificación e encaran a visita ao Poio Pescamar FS.

Redondela F.S. – Restaurante Lemos “B” – Pecheches FS (3-2)

 O filial do Redondela FS venceu na casa ao Pecheches e ascende á sexta posición. Na seguinte xornada desprazaranse ao campo do Baiña FS.

Marín Futsal “B” – S.D. Pazos de Borben FS “B” (6-2)

 Derrota clara do filial do Pazos na pista do Marín B. Afúndense na zona de descenso e preparan a recepción ao Cesures FS para intentar reaccionar.

Primeira

Celado F.S. – Arealonga FS Chapela (8-10)

Triunfo valioso do Arealonga FS Chapela nun partido de moita anotación. Sumaron puntos clave para escapar da zona baixa. Na próxima xornada reciben ao Pecheches FS B.

Na mesma categoría, o Campito Chapela B (filial) perdeu por 0-1 ante o CD A Paz FS. Preparan a visita ao Cerdedo-Cotobade Fútbol Sala.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará