Hoxe é Venres 13 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha autónoma de Redondela denuncia case 4.000 euros en cobros irregulares de comisións bancarias

Captura de pantalla 2026-03-13 140838

Cruz Bastos, copropietaria da axencia de viaxes Talión, alerta de cargos superiores aos pactados en pagos con tarxetas e outras comisións non acordadas. Tras revisar a súa contabilidade, detectou que o seu banco lle cobrara preto de 4.000 euros de máis principalmente por cargos “incorrectos” na porcentaxe que a entidade lle estaba a cobrar cada vez que un dos seus clientes pagaba con tarxeta. Aconsella a autónomos e pequenos negocios que revisen periodicamente as comisións que lles aplican as entidades financeiras.

Cruz Bastos explica que, malia ter un acordo co banco no que se establece que porcentaxe queda en mans da entidade bancaria de cada venta realizada a través de tarxeta, a súa contable decatouse de que se estaban realizando cobros superiores ao pactado. Explica que ao longo dun ano foron case 4.000 euros o que se lles tería cobrado de xeito irregular.

Ademais deste cobro tamén alerta de comisións por mantemento de TPV que non están pactadas ou seguros indebidos… a lista de irregularidades que comenta Bastos son numerosas e non se restrinxen a unha única entidade bancaria, xa uqe logo de facer esta denuncia a través das redes sociais foron varios os autónomos que se puxeron en contacto con ela para trasladarlle “irregularidades” semellantes.

Ante esta situación, Cruz fai un chamamento a autónomos e propietarios dun negocio para que estean alerta. A súa recomendación é que “alo menos unha vez ao ano fagan un seguimento, apuntando cada comisión que lles cobran e comprobar que se lles está a reter a porcentaxe correcta e non cargos irregulares”. Insisten en que este control é imprescindible para “non perder o que é seu”.

Anima tamén a reclamar e insistir. No seu caso, malia que o banco nun primeiro momento tentou eludir responsabilidades a insistencia de Bastos permitiulle recuperar eses cartos “pero foi un longo proceso de reclamacións”.

E fai un chamamento tamén á clientela: que cando poidan empreguen o efectivo e o pago en metálico “non acabo de entender que se pague un café ou unha barra de pan cunha tarxeta, non custa nada levar no peto 10 euros para eses pagos máis cativos”.

Para cantidades maiores, como é o caso das axencias de viaxes, propoñen os pagos por transferencia bancaria xa que con eses sistema a comisión que lle terían que dar ao banco desaparece.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará