Hoxe é Venres 13 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES Mendiño convida ás familias a participar nun obradoiro sobre adolescencia e mundo dixital

charla mendiño

O instituto Mendiño acolle o vindeiro luns 16 de marzo ás 18:00 horas, un obradoiro presencial dirixido ás familias con fillos e fillas entre os 10 e os 18 anos, centrado nos retos e oportunidades que presenta a vida dixital na adolescencia. Abordaranse cuestións como os riscos existentes en internet ou como xestionar o tempo que os adolescentes pasan fronte as pantallas. A participación é gratuíta, mais cómpre inscrición previa enviando un WhatsApp ao número 622 655 745.

Baixo o título “Adolescencia no mundo dixital”, a sesión abordará cuestións clave relacionadas co uso das redes sociais, o benestar emocional, a ciberseguridade e a privacidade. O obradoiro será impartido por Manuel Rivas, en representación da Amtega, quen achegará ferramentas prácticas e información actualizada para mellorar o acompañamento familiar nesta etapa.

O obxectivo principal é ofrecer ás familias coñecementos e recursos útiles para fomentar un uso responsable, equilibrado e seguro da tecnoloxía por parte da mocidade.

Ao longo da actividade trataranse temas como os riscos, límites e hábitos dixitais saudables que se deben fomentar nesas idades, a xestión do tempo fronte ás pantallas, os recursos e ferramentas de protección ás que poden acceder as familias e as estratexias de acompañamento parental. Finalmente abordarase a relación entre pantallas, presión social e autoestima, incluíndo o “lado invisible” das redes.

Esta iniciativa enmárcase no compromiso do centro e das entidades colaboradoras por promover unha convivencia dixital máis segura e un acompañamento educativo máis consciente na era da conectividade permanente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará