O Club de Baloncesto de Redondela organizou hoxe 12 de marzo, ás 20:00 horas, unha xornada no Pavillón do IES Mendiño co gallo do Día Internacional da Muller (8M). O evento pretende conmemorar esta data e, ao mesmo tempo, dar a coñecer o club a todas as persoas interesadas en formar parte del.
Durante a actividade, o club convidou expresamente a nais, avoas, amigas e, especialmente, ás presidentas dos clubs deportivos da zona para participar nun acto de recoñecemento á figura da muller no deporte. Un dos momentos centrais da xornada foi o partido do equipo de veteranas do club, que leva precisamente o nome de “8M” e que naceu fai tres anos con motivo desta mesma conmemoración.
Á cita asistiron, entre outras, as seguintes representantes deportivas da comarca e dos centros educativos: a directora, María del Carmen Vallejo do IES Mendiño ; a secretaria do Club de Atletismo de Redondela; Cristina Boullosa, presidenta do Club de Patinaxe Artística Bobloreta xunto a outras representantes do club; así como representación institucional coa presenza da alcaldesa de Redondela Digna Rivas e a concelleira de igualdade Iria Vilaboa.
A xornada combinou a práctica deportiva coa reivindicación social.










