Hoxe é Xoves 12 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A hamburguesa máis innovadora está en Redondela: chámase “Morriña”

Diseño sin título(3)

O local 78Gastrobar vén de recoller o 1º Premio á proposta máis innovadora no campionato de España de Hamburguesas, organizado por Best Burger Spain, un dos certames máis importantes do país en torno a esta popular proposta gastronómica. Un recoñecemento “froito do traballo, paixón pola cociña e gañas de facer algo diferente” segundo explican os orgullosos propietarios deste céntrico restaurante Santiago Figueroa Carpintero e Isabel López Reboredo.

A innovación e o bo facer destes hostaleiros sitúan a gastronomía redondelá no máis alto grazas á súa capacidade de reinventar unha receita aparentemente sinxela. A receita que presentaron a este concurso pon o foco na materia prima onde non faltan produtos típicos da gastronomía galega aderezados con salsa kinchi co seu sorprendente sabor umami: Pan, carne de vaca, queixo tetilla, maionesa kinchi, repolo, cenoira e crocante de carnes do cocido

Así, a hamburguesa Morriña, segundo describen os seus creadores “esta baseada no cocido galego que desmontamos e pasamos a unha hamburguesa cun pan artesá onde non pode faltar o repolo e as carnes cociñadas a baixa temperatura”. O resultado é unha hamburguesa onde importan tanto a calidade da carne como a creatividade e o equilibrio de sabores.

Neste sexta edición do concurso Best Burger Spain participaron 430 establecementos de toda España. Uns premios que deixan ver o talento dos e das cociñeiras galegas á hora de elaborar este prato, porque ademais do meritorio premio á hamburguesa máis innovadora,  foron dous restaurantes galegos os que se fixeron co primeiro e segundo premio. Así a mellor hamburguesa podemos atopala na hamburguesería Bágoa Gastrobar, situada no casco histórico de Ourense, que se alzou co galardón grazas a súa proposta ‘SaboRosa’, e o segundo posto do campionato foi para o local Flaco de Santiago de Compostela.

Dende o gastrobar de Redondela animan á veciñanza a achegarse ao local a degustar “Morriña” a hamburguesa máis innovadora de España.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará