Hoxe é Xoves 12 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Casa da Cultura acolle a presentación da revista “Redondela investigada”

redondela investigada

A publicación inclúe seis artigos realizados por alumnado dos institutos de Redondela con temas como a historia da SAR, o Taekondo redondelán e o Club de Remo de Cesantes. Un cuarto texto afonda na tradición das Penlas, outro recolle a historia da librería da Imprenta e finalmetne atopámono cunha ollada interxeracional da vida das avoas dos autores. A presentación terá lugar este venres 13 na Casa da Cultura ás 20:30 horas e agasallarase cun exemplar a cada asistente.

Sinerxías Secundarias, colectivo formado polas seccións de Xeografía e Historia dos institutos públicos de Redondela, en colaboración co Concello, presenta o número cero da revista “Redondela Investigada”. A cita é o venres, 13 de marzo, na Casa da Cultura ás 20:30 horas, e participarán tanto o alumnado como o profesorado coordinador e a alcaldesa, Digna Rivas. Esta publicación recolle os traballos premiados e destacados da primeira edición do certame de investigación de Ciencias Sociais para alumnado de secundaria. O proxecto, que reúne aos centros IES Chapela, Illa de San Simón, Mendiño e Pedro Floriani, nace co obxectivo de “fomentar a curiosidade investigadora entre a mocidade, o espírito investigador e crítico”. Tal como explica o editorial deste primeiro volume “é unha revista en papel que reforza a idea do libro como elemento físico, máis tamén, simbólico”. A coidada edición permite facer xustiza “á calidade dos traballos publicados e á importancia da investigación sobre o noso”.

A revista inclúe seis artigos cun percorrido por diversos temas de interese local. A investigación gañadora repasa a historia da SAR (Sociedade Atlética de Redondela) e tamén artigos sobre o Taekondo redondelán e o Club de Remo de Cesantes. Un cuarto texto recolle a tradición das Penlas e outro a historia da librería da Imprenta e un último artigo que ofrece unha ollada interxeracional da vida das avoas dos autores. Na presentación deste venres haberá exemplares da revista para todos os asistentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará