Hoxe é Xoves 12 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Viso celebra unha nova edición do Día da Árbore coa plantación de autóctonas

dia da árbore

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso organiza unha nova edición do día da árbore este vindeiro domingo 15 de marzo. Os participantes que queiran colaborar nesta plantación de árbores autóctonas que buscan crear un monte máis resilente contra os incendios forestais deberán achegarse ao punto de encontro, no fin da Estrada do Meixoeiro en Soutoxuste, ás 10:00 h da mañá.

Seguindo a liña de edicións anteriores, a veciñanza bótase ao monte para seguir consolidando a franxa verde do monte Espiño no seu linde con Ventosela. Plantaranse bidueiros e érbedos co obxecto de consolidar unha estrutura do monte máis resilente ante a ocorrencia de incendios forestais e cortando a dirección norte-sur de propagación de incendios na comarca.

Esta estrutura verde pretende tamén ser un exemplo demostrativo de compartimentación do territorio de cara a crear nichos de biodiversidade e de fragmentación, así como elemento fundamental para a defensa contra o peor dos riscos que ten o monte Galego, os incendios forestais.

O día da árbore do Viso é unha actividade aberta a toda a veciñanza, na que poden participar sen máis que levando un legón, unha luvas e ganas de traballar para conseguir un monte que siga proporcionando recursos tanxibles e intanxibles como poden ser as augas, a paisaxe, a fixación de carbono, leñas, froitos como as castañas, cogomelos, hábitats de fauna e flora, …

A comunidade lembra que todas as actuacións que se desenvolven no monte comunal están supeditadas polos criterios de xestión forestal sostible dos sistemas de certificación internacionais PEFC e FSC.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará