Hoxe é Xoves 12 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Interceptada unha condutora drogada conducindo por Redondela sen carné, sen seguro e sen ITV

poli


Axentes da Policía Local sorprenderon na madrugada de hoxe no casco urbano de Redondela unha condutora tras cometer numerosas infraccións ao volante. Non foi o único caso das últimas horas xa que tamén se investiga outro condutor localizado en Chapela que deu positivo na proba de alcoholemia.
A condutora era interceptada ás 3:00 horas da madrugada no casco urbano da vila. Logo de dárselle o alto os axentes comprobaron que circulaba sen contar co seguro obrigatorio, sen a ITV que tiña caducada dende o 2024 e sen carné de conducir dende o ano 2022. A maiores deixou un resultado positivo na probas indiciarias de drogas á espera da súa confirmación no laboratorio.
Tamén onte os axentes procederon a investigar un condutor o cal se lle deu o alto nun dispositivo preventivo establecido na zona de Chapela, entre a Policía Local e a Policía Nacional. O condutor foi identificado e citado para xuízo logo de acadar unhas taxas positivas na proba de alcoholemia de 0,99 e 0,94 mg/l de aire espirado.
Ambos condutores enfróntanse a varios delitos contra a seguridade viaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará