Hoxe é Mércores 11 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A confraría de Redondela renova o seu bosque mariño na enseada

piñeiros tirar

O choco volverá contar co seu propio bosque mariño unha vez que os mariñeiros da Confraría procederon estes días, coincidindo coa época de entrada dos cefalópodos na ría, a renovar este sistema que favorece a reprodución do choco ao proporcionarlle un lugar seguro no que desovar.

Este método, posto en marcha de xeito continuado dende o ano 2017, consiste nun bosque de piñeiros mergullados baixo o mar nunha superficie de 6.000 metros cadrados, situada tras a illa de San Simón. “A resina dos piñeiros facilita a adhesión das postas de choco, mentres que a súa frondosa follaxe protexe as crías de posibles depredadores” explica a patroa maior da Confraría de Cesantes, Nisi Otero.

A idea de “plantar” un bosque subacuático xurdiu hai case unha década da man de quen era patrón maior naquela altura Clemente Bastos. A innovadora técnica de crear “camas” artesanais para o choco deu bo resultado e, a día de hoxe, a Confraría continúa apostando por este método.

De feito, nos últimos días os mariñeiros traballaron intensamente para repoboar ese bosque mariño. Un proceso laborioso, xa que o primeiro paso é retirar os piñeiros do ano pasado recollendo as bases que se atopan mergulladas. A continuación hai que ir ao monte para a recollida de polas de piñeiros que son instaladas novamente nesas bases deseñadas especificamente para este fin. O último paso é cargar esas estruturas nos barcos e colocalas no fondo mariño.

Nisi Otero, Patroa Maior confraría de Cesantes

O sector dedicado á pesca con trasmallos e nasas apoiou este proxecto, que ademais de potenciar a reprodución do cefalópodo, tamén beneficia outras especies ao proporcionarlles refuxio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará