Unha patrulla da Policía Local trasladouse ao aparcadoiro deste supermercado en Cedeira na tarde noite deeste martes logo de ser alertada por un cliente que informaba de que unha parella estaban a manter relacións sexuais dentro dun vehículo alí estacionado. Os axentes convidaron á parella a abandonar o lugar.
O incidente ocorreu este martes ao redor das 20:45 horas, cando un particular chamou ás dependencias da policía local alertando da presenza dunha parella que estaba mantendo relacións sexuais no interior dun vehículo.
Ao chegar ao lugar, os axentes dialogaron coa parella, que amosaron a súa intención durmir dentro do seu vehículo no propio estacionamento. A Policía lembroulles que se trata dunha práctica ilegal ao tratarse dun espazo privado. Tras a advertencia, a parella abandonou o lugar sen que se rexistrasen máis incidencias.
Malia que non existe prohibición específica que prohiba ter sexo nun aparcadoiro esta práctica podería considerarse exhibicionismo, conducta obscena ou alteración da orde pública polo que podería levar aparellada algunha sanción económica.









