Hoxe é Martes 10 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Celta súmase á campaña do Día do Pai do Comercio Local co sorteo de camisetas oficiais

día do pai

A iniciativa da Asociación de empresarios en colaboración coa Federación Provincial de comercio de Pontevedra, desenvolverase do 10 ao 19 de marzo e inclúe o sorteo de dúas camisetas oficiais do RC Celta de Vigo, ademais da difusión dun vídeo de apoio ao comercio de proximidade “Xoga en equipo. Aposta polo comercio local” realizado co adestrador do Celta de Vigo, Claudio Giráldez.

A campaña, que arranca hoxe e se prolongará ata o 19 de marzo, permitirá que todas as persoas que realicen compras nos establecementos asociados participen no sorteo de dúas camisetas oficiais do Real Club Celta de Vigo. Para entrar no sorteo, os clientes deberán rexistrar os seus tickets de compra a través da plataforma de fidelización Participa! ou na páxina web empresasredondela.gal.

Como valor engadido, a camiseta poderá estar asinada polo adestrador do Celta de Vigo, Claudio Giráldez, unha das figuras destacadas do deporte galego actual e protagonista tamén do vídeo promocional do comercio local “Xoga en equipo” . A peza audiovisual foi producida pola Federación Provincial de Comercio de Pontevedra e forma parte do relanzamento do lema “Xoga en equipo. Aposta polo comercio local”, unha mensaxe que vincula o espírito do deporte, a aposta pola canteira local coa importancia de apoiar o tecido comercial de proximidade.

O vídeo constitúe unha homenaxe ás persoas que cada día manteñen abertas as portas dos negocios locais, ás familias que confían neles e a todos aqueles que cren que mercar no comercio da contorna é tamén unha forma de coidar a identidade, a economía e a vida social das vilas.

A campaña do Día do Pai busca así reforzar o vínculo entre veciñanza, comercio e deporte, convidando á cidadanía a participar, compartir o vídeo e apoiar aos negocios que forman parte do día a día de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará