Hoxe é Martes 10 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén reflexiona sobre a orixe da toponimia

moscoso

O municipio de Pazos celebra este mércores, 11 de marzo, unha charla que xirará en torno á toponimia baixo o título “Moscoso ou Moscoxo? Toponimia en Pazos de Borbén ou como lle chamamos ao mundo”. O  acto estará presentado polo alcalde, Luciano Otero, e contará coa participación do filólogo Gonzalo Navaza, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, e María Coutiño, subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

 A  cita terá lugar mañá ás 18:30 horas no Auditorio Municipal aberta a toda a veciñanza interesada en coñecer a orixe e o significados dos nomes dos lugares do municipio, A charla busca ofrecer unha aproximación divulgativa ao estudo da toponimia. A través de exemplos do propio municipio, os poñentes explicarán como moitos destes nomes conservan referencias á paisaxe, a antigas actividades económicas, a características do terreo ou incluso a persoas que habitaron no territorio séculos atrás.

Unha iniciativa que xurde logo de se tivera constancia dun posible cambio de denominación no nome da parroquia de Pazos e tras solicitar o Concello á Secretaría Xeral da Lingua cales serían as razón técnicas, lingüísticas e históricas que motivarían o cambio de nome de Moscoso por Moscoxo.

Dende o Concello destacan que esta iniciativa busca poñer en valor a riqueza lingüística e cultural do territorio ademais de fomentar o coñecemento da historia local entre os veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará