Padrón acolleu a pasado fin de semana unha xornada de ciclismo e Saúl Cambre, do MBO Team Cycling Galicia, levou o ouro nos sprints especiais da categoría sub-23 na proba da Ruta Xacobea. Un resultado que non pasou desapercibido, sobre todo porque o deportista de Rianxo só leva dous anos adestrando.
“A Copa de España son dez probas por todo o país. Os corenta primeiros de cada carreira suman puntos e o que máis xunte ao final gaña a copa”, explicou Saúl. Hai clasificación por equipos e tamén individual, pero nesta ocasión o equipo non puido brillar tanto como el: “Non conseguimos sumar puntos na xeral, o gañador da proba foi o do Caja Rural e había moitísimo nivel, demasiado”.
“O meu obxectivo é mellorar, tanto individualmente como colectivamente”, dixo. Un dos grandes retos que ten marcados é o Campionato Galego, que se celebra o 13 de xuño en Porriño. Mentres, a próxima parada é a Clásica do País Vasco o 28 de marzo, outra proba da Copa de España onde o nivel volverá ser altísimo: “Vai ser difícil, moi difícil, pero imos intentalo”.
O MBO Team Cycling Galicia ten por diante unha tempada longa e xapreparan o acto de presentación do equipo nas Instalacións de Hyupersa-Vigo ( Estrada Camposancos 6 – Vigo ) a partir de las 17: 30 horas da tarde do venres 13 de marzo.










