O IES de Chapela conmemorou o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun acto no que se puxo en valor o traballo das tecendeiras e costureiras como símbolo do labor invisible das mulleres. Actos que se espallan polos centros educativos e que tamén nos deixan actividades organizadas dende o Concello como as VI Xornadas Gemma Pereira Otero que arrancan hoxe venres ás 19:30 horas na oficina de turismo cunha charla baixo o título “Mulleres de Letras”.
O Instituto de Chapela conmemorou este xoves o 8M cunha actividade reivindicativa do traballo das tecendeiras e costureira. Fíxose a través dunha instalación colectiva arredor da idea de tecer, relacionando o traballo manual coas historias e voces das mulleres. Tamén se recitou o poema “Tecín soia a miña tea”, de Rosalía de Castro.
O acto, protagonizada polo equipo de igualdade “A Brigada Violeta” e realizado en colaboración co Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade e a Biblioteca, rematou cun convite á comunidade educativa para tecer igualdade no instituto.
Programación do 8M do Concello de Redondela
Hoxe venres arrancan as VI Xornadas Gemma Pereira Otero cun faladoiro na oficina de turismo ás 19:30 horas baixo o título “Mulleres de Letras”, coas xornalistas Carolina Sertal (Faro de Vigo), Paula Montes (RadioVigo) e Claudia Morán (Nós Diario, gañadora do V Premio Sesé Mateo).
A programación conitnuará o domingo 8 de marzo no Multiúsos da Xunqueira ás 19:30 horas co monólogo “Meigags”, protagonizado por Arantxa Treus e Jazmín Abuín.









