Hoxe é Sábado 7 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O arquivo municipal incorpora novas fotografías dos anos 50 e 60

foto1

Sinda López, veciña de Redondela, cedeu 15 fotografías da súa colección particular relativas ao seu pai, Castor López, que foi garda municipal no Concello de Redondela entre as décadas dos 50 e 60 do século pasado. As imaxes amosan a policía municipal posando de gala en Vilavella ou a nevada de 1963, ademais de escenas cotiás da vila nesa época: homes traballando nunha zapatería, nenos e nenas posando nunha merenda, a festa dos Maios e outras celebracións.

Todas as fotografías foron dixitalizadas polo Arquivo Municipal e xa poden consultarse tanto nas redes sociais coma en papel nas dependencias municipais do propio Arquivo. Para consultalas na web pode facer a través do Instagram, o Facebook ou o blog do Arquivo Audiovisual Municipal. As fotografías orixinais foron devoltas á propietaria xunto cun dispositivo coa copia tamén dixital das imaxes.

Con esta doazón o Arquivo Audiovisual conta xa cun total de 75.016 fotografías cedidas pola veciñanza, incluído o Fondo Fotsca. O fondo municipal conta tamén coas fotografías do propio Concello, que suman aproximadamente 3.400.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, agradeceu o xesto de Sinda López e animou á cidadanía a seguir este exemplo e facilitar ao Arquivo municipal imaxes antigas que poidan ter nas súas casas de oficios, tradicións ou celebracións “para seguir ampliado o fondo audiovisual do Concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará