Vestidos de negro e cunha pancarta na que denuncian a situación de precariedade que afecta aos centros educativos galegos, o profesorado e alumnado do IES de Chapela continúa celebrando cada martes unha concentración para reivindicar melloras educativas: menos ratios nas aulas e maior profesorado nos centros.
Dende hai semanas, cada martes un grupo de profesores e profesoras do IES de Chapela imparten clase vestidos de loito. Unha protesta sinxela que trasladan ás redes con imaxes que se repiten semana tras semana. O obxectivo é manter no tempo unhas demandas que xa se teñen escoitado na rúa en numerosas ocasións, a última o pasado xoves 26.
Aldán Santamaría explica en que consiste esta protesta que inclúe concentracións semanas nos recreos
Entre os motivos que esgrimen para manter estas mobilicacións enumeran a falta de profesorado que permita atender a diversidade nas aulas e as necesidades específicas do seu alumnado. Asegura que Galicia está “quedando atrás respecto doutras comunidades” e pon como exemplo o seu Instituto “se o IES de Chapela estivera noutra comunidade autónoma contaría con 9 profesores máis”.
Máis atención á diversidade, menos ratios por aula que actualmente contemplan 30 alumnos e alumnas por clase e reducir o traballo burocrático que ten aumentando nos últimos anos, son algunas das demandas que reclaman neste centro pero que poden ser extrapolables ao resto dos institutos e centros educativos.










