Hoxe é Mércores 4 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior prepárase para acoller a primeira 7K e a Carreira infantil da Ostra o 29 de marzo

carreira ostra

A cita, organizada polo Concello, combinará competición, participación e ambiente festivo nun percorrido que unirá o Castelo de Soutomaior co peirao de Arcade. Con inscricións gratuítas e pensadas para todas as idades —incluida unha modalidade inclusiva e adaptada—, a xornada deportiva busca fomentar o deporte popular, a convivencia e o carácter social dunha proba que se integra no espíritu da Festa da Ostra.

A 7K Soutomaior celebrarase o 29 de marzo en horario de 11:00 a 12:00h. (aprox.). A saída será dende o Castelo de Soutomaior e a chegada ao Peirao de Arcade. A continuación celebrarase a Carreira Infantil da Ostra.

Para a 7K Soutomaior, carreira que contará coas categorías femininas e masculinas de Master A (39-49 anos) Master B (50-60 anos) Master C ( >61 años), Sénior, Sub 20, Sub18, Sub 16,   están abertas as inscricións de balde no enderezo  https://7ksoutomaior.ccnorte.com ata o vindeiro 25 de marzo, cunha participación máxima de 300 persoas.

Haberá premios aos tres primeiros en cada categoría e agasallarase cunha camiseta conmemorativa a todos os participantes. Dende o concello convidan á veciñanza e a todas as persoas ás que lle gusten correr que participen nesta actividade.

Carreira infantil da Ostra

Rematada a 7K terá lugar no Peirao a Carreira Infantil da Ostra- As inscricións para esta carreira serán tamén de balde e estará abertas dende o 9 ata o 22 de marzo. Trátase dunha carreira que ten como obxectivo a participación, non é competitiva, independentemente do nivel de rendemento acadado.

Compleméntase esta proba deportiva coa III edición da carreira inclusiva e adaptada para facilitar a participación a persoas con diversidade funcional cun percorrido de aproximadamente 150 metros.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a técnica de Deportes, Raquel Villaverde salientaron tamén na presentación desta xornada deportiva do carácter solidario da carreira “xa que se proporciona visibilidade e posibilidade de colaborar coa Asociación Anedia (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia)”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará