O Infantil Feminino da Arealonga Fútbol Sala Chapela proclamouse campión da Liga Galega Sur tras lograr unha convincente vitoria por 4-1 fronte ao ED Poio FS. Este triunfo confirma o primeiro posto na clasificación ecoroa unha boa tempada na que o equipo demostrou regularidade e madurez competitiva.
O club celebra o éxito do conxunto que “destacou a personalidade competitiva das xogadoras, forxada semana tras semana grazas á disciplina táctica e á mentalidade gañadora que caracterizou o seu percorrido”.
Como recompensa, o equipo clasificouse para as semifinais do Campionato de Galicia, unha fase decisiva na que xogará como local no pavillón municipal de Chapela. O Arealonga FS Chapela agradece o esforzo das xogadoras, o corpo técnico e toda a afección que acompañou ao equipo ao longo da tempada. Agora, toda a atención céntrase na cita das semifinais.









